lunes, 6 de junio de 2016
lunes, 22 de febrero de 2016
POR UNHA NOVA LEI DE EDUCACIÓN RESPECTUOSA COS DEREITOS DOS MENORES.
NEUROEDUCACIÓN POR OUTRA ESCOLA .
Distintos profesionais comprometidos coa educación destacan cal é a clave para a aprendizaxe ao mesmo tempo que nos incitan a reflexión sobre o que estamos a facer.
Se botamos unha ollada ao vídeo descubrimos cales son as funcións mentais que interveñen na aprendizaxe, cales son as funcións executivas e en que grao afectan ás emocións e á motivación .
Dende aquí xorde a idea da campaña que promocionan para unha nova lei mais respectuosa cos dereitos dos menores.
lunes, 18 de enero de 2016
Que facer coa miña vida?
Vídeo onde podemos comprobar como vai evolucionando o noso obxetivo na vida dende que somos pequenos onde case temos claro que nos gustaría ser de adultos, pasando pola adolescencia ou xuventude que xurde a incerteza cara a onde tirar, e como nin sequera os adultos temos moi claro cal é o noso propósito na vida .
Este vídeo acércanos a realidade de todos nos que nalgún momento tivemos que decidir que facer coas nosas vidas e sobre todo na etapa de elixir estudios.
Este vídeo acércanos a realidade de todos nos que nalgún momento tivemos que decidir que facer coas nosas vidas e sobre todo na etapa de elixir estudios.
El poder de la Juventud.
Este é o lema dunha campaña entre Unicef e ING para fomentar que moitos mozos e mozas do mundo grazas a diversas aportacións poidan formarse, facilitando ferramentas necesarias para mellorar o seu futuroe ademais o das súas comunidades.
Estes proxectos desenvolven en Nepal, Zambia, Filipinas, Indonesia, Kosovo e Montenegro , adaptandose ás necesidades concretas de cada país para ofrecer aos seus mozos/as o que necesiten para desenvolver o seu potencial, formación para empredendores, habilidades sociais , asesoramento, apoio psicolóxico, orientación laboral.....
Video para a reflexión en clase sobre as actitudes, expectativas, e profecias que ás veces se transmiten dende a visión adulta e non se axustan a realidade
viernes, 15 de enero de 2016
- A Consellería de Educación publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
- A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
- A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.
MAIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES.
lunes, 23 de noviembre de 2015
Departamento
de orientación. Curso 2015/2016 .
“Corta con
el e vive a túa vida".
Este foi o lema dunha campaña
contra os malos tratos de fai uns meses e dirixida a rapazas novas para
distinguir unha relación saudable fronte a que non é.
Nos últimos anos detectase un
incremento no número de adolescentes que recoñecen sufrir maltrato por parte
das súas parellas, mediante control a través do móbil. Isto motivou esta
campaña dende o ministerio de sanidade servicios sociais e igualdade, que se
emitiu en prensa, radio, televisión, internet, e cines, protagonizada polas
actrices Nerea Camacho e Vecky Velilla, onde interpretan a dúas rapazas que
sofren o control violento das súas parellas e desexan romper o circulo para
comezar unha nova vida.
Os últimos estudios destacan que
cada vez son máis as adolescentes que sofren o control das súas parellas, en
xeral a xente nova identifica a violencia co maltrato físico pero non con
condutas sutís como illamento, control, celos etc e que soen xustificar como
mostras de cariño.
Este é o enlace onde podedes
ollar esta mensaxe para debatir despois co alumnado con motivo do día non a
violencia sexista.
A Guarda a
23 de novembro de 2015.
lunes, 15 de junio de 2015
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/2016
A Xunta de galicia ven de convocar as probas de acceso as ensinanzas deportivas tanto de grado medio como superior . O prazo para solicitar a súa inscrición é dende o 6 de xuño ata o 10 de xullo
e farase preferentemente na secretaría dos centros
públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción
dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no
CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.Comprobar na convocatoria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

