Mostrando entradas con la etiqueta lexislación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lexislación. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de enero de 2016


  • A Consellería de Educación publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.

MAIS INFORMACIÓN  NOS  SEGUINTES  ENLACES. 



lunes, 15 de junio de 2015

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/2016



A Xunta de galicia  ven de convocar as probas de acceso as  ensinanzas deportivas  tanto de grado medio como  superior . O prazo para  solicitar a  súa inscrición é  dende o  6 de xuño ata o 10 de xullo

e farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.
Comprobar na  convocatoria


lunes, 8 de junio de 2015

Axudas económicas para estudar en LUGO

"PARA  ESTUDAR LUGO"  


Segunda  edición do programa da campaña  de  axudas  económicas da Universidade de  Santiago, para  estudar os  Graos  que se indican,   todos eles no Campus de Lugo. 



As dúas axudas que convoca son:
  • 50% de desconto na matrícula para o curso 2015- 2016 nalgúns graos.
  • Matrícula gratuíta para os mellores expedientes preuniversitarios. 


50% DE DESCONTO NA MATRICULA PARA O CURSO 2015-16:

O programa 'Para estudar Lugo' contempla este ano o desconto do 50% do custe da matrícula para estudantes que no curso 2015-16 comecen os seus estudos no campus de Lugo da USC nalgún dos seguintes títulos de grao:

Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Grao en Enxeñaría Civil
Grao en Xeomática e Topografía
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Grao en Lingua e Literaturas Españolas
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Xestión e Dirección de Pemes
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

O número de bolsas financiadas será o mesmo que o das prazas de novo ingreso cubertas en cada título. 
concesión das axudas é automática sempre que os solicitantes sinalen no web da USC no que formalizan a matrícula que se acollen a este programa de bolsas da Deputación. 
Aqueles estudantes que soliciten tamén bolsa do Ministerio, que cubra os custes de matrícula, non pagarán taxa algunha ata que se resolva a súa concesión ou non. En caso de non ter a bolsa do Ministerio si gozarían da bonificación do 50% por parte da Deputación Provincial de Lugo.

MATRÍCULA DE BALDE PARA OS MELLORES EXPEDIENTES PREUNIVERSITARIOS:

O plan de captación de novos talentos para o campus de Lugo activado pola Deputación en colaboración coa Universidade, contempla a matrícula de balde para os seis mellores expedientes preuniversitarios procedentes de Galicia que se matriculen no curso 2015-16 no primeiro curso de calquera dos 15 títulos de grao ofertados pola USC no campus de Lugo (As bolsas outorgadas a matrículas nos dobres títulos de grao en Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía e Enxeñaría Agronómica, Forestal e do Medio Natural xa se deducen das titulacións matrices). 

Catro destas bolsas de matrícula están dirixidas a estudantes procedentes de Bacharelato e dúas para novos alumnos que acceden a estudos universitarios logo de completar ciclos formativos ou programas de FP.

Poderán optar a este bolsa alumnos que cursasen e superasen en centros docentes na comunidade galega os dous cursos que conforman calquera das modalidades de Bacharelato e Formación Profesional, e que rematen os seus estudos de Bacharelato ou FP no curso académico 2013-2014 ou 2014-2015 (convocatoria de xuño). 

Para participar nesta convocatoria de axudas é necesario que a nota media das cualificacións obtidas en Formación Profesional ou nos dous cursos de calquera das modalidades de Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75 puntos.

prazo de presentación de solicitudes para a presente convocatoria rematará o 30 de xullo de 2015
Os modelos de solicitude e as bases das citadas convocatorias poden consultarse no BOP da Deputación de Lugo do sábado, día 30 de maio de 2015
documentación pode presentarse persoalmente, no rexistro da Deputación Provincial de Lugo, ou ben, mediante envío por mensaxeiro ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado. No caso de envío por correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4 da LRXPAC.

Máis información: 

martes, 28 de abril de 2015

Probas para o acceso as ensinazas artísticas sen a titulación do bacharelato.


Convocadas as probas para o acceso as ensinanzas artísticas para aqueles que non están en posesión da titulación do bacharelato e cumpren 19 anos no 2015. Prazo de inscripción ata o 28 de maio.

Organización do bacharelato LOMCE. ( borrador do Decreto)

Resumo do Bacharelato según o Proxecto do Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizado por Monica Diz Besada

Organización da ESO. LOMCE ( borrador do Decreto).

Resumo da ESO según o Proxecto do Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizado por Monica Diz Besada

miércoles, 7 de mayo de 2014

Probas de aptitudes físicas para o acceso ao Grado de ciencias da actividade física e do deporte. Universidade de Vigo curso 2014/2015

Aberto o  prazo para  a inscrición as  probas  de aptitude para o acceso ao Grao  en Ciencias  da Actividade Física e do Deporte  na  Universidade  de  Vigo  para o curso  2014/ 2015. Convocatoria  de  Xuño  e de  Setembro . 

 Prazo  aberto para  Xuño: ata o  15 de  Maio.   

 Realización da  proba  en Xuño  día  17. Video  sobre as  probas  que  se  atopa na  páxina  web da facultade. 


   Descargar  solicitude:  http://webs.uvigo.es/feduc/




miércoles, 23 de abril de 2014

CÓMO EVITAR DISTRACCIONES EN EL ESTUDIO.

Desde la página de METAaprendizaje nos ofrecen una serie de videos que nos pueden ayudar a mejorar nuestra concentración al estudio. El primero de estos vídeos es sobre los causantes de las distracciones en el estudio. 2ºvídeo: cuatro pasos para mejorar la concentración de manera activa. 3º Vídeo y tercer paso para seguir mejorando:seis clavesfáciles para buscar sin distracciones en internet.

lunes, 10 de marzo de 2014

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2014.





Xúntase a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:


  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos





lunes, 24 de febrero de 2014

Selectividade 2014.

 Datas de  selectividade  curso  2014.

  A Comisión Interuniversitaria de  Galicia  publicou as  datas  de matrícula  e realización das  probas  de acceso a  universidade  ( selectividade) para o curso  2014.






 Matricula xuño:
  • Anticipada on line (alumnado  de cursos anteriores que non teña  superada as PAU ou aqueles  que   desexen mellorar  a súa  cualificación). 13-31 maio.
  • Prematricula nos  centros:  para o  alumnado que  remata  en  xuño 27-28 maio.
  • Nos LERDS 30 maio - 2 de xuño.

Realización das probas:

  • 11 de xuño, mércores.
  • 12 de xuño, xoves.
  • 13 de xuño, venres.

  

 




                               

lunes, 17 de febrero de 2014

Prazas no exército



CONVOCATORIA DE PRAZAS NO EXÉRCITO.  O Ministerio de Defensa acaba de publicar o  proceso de selección para o ingreso nas escalas de Tropa  Mariñeria. Publicanse  vacantes no Exército de Terra, na Armada e no Exército de Aire. En Galicia ofertanse 102 prazas en Pontevedra para o Exército de Terra,  49 prazas na Zona Norte (Ferrol, Tui, Marin, San Sebastián e Bilbao) para á  Armada. 


Prazo de presentación de solicitudes para participar  nas  probas de selección finaliza o 28 de febrero. 

Poden presentarse mozos e mozas con idades entre 18 e 28 anos (non cumprir 29 años antes do 16 de xuño), nivel de estudios mínimo de Graduado en ESO.



domingo, 26 de enero de 2014

Acreditación de Competencias . Prazo do 23 de Xaneiro ao 21 de Febreiro

acreditación de competencias:ORDE do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


Enlace  para  solicitude:  https://www.edu.xunta.es/acreditacion/