Mostrando entradas con la etiqueta Formación profesional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación profesional. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de febrero de 2018

Decide tu futuro

A páxina do ministerio "todo fp" é un recurso moi completo para obter información dos ciclos, e ahora ademais ofrece a posibilidade de ir escollendo o perfil de xeito interactivo no seguinte enlace: http://www.todofp.es/decide/

viernes, 15 de enero de 2016


  • A Consellería de Educación publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.

MAIS INFORMACIÓN  NOS  SEGUINTES  ENLACES. 



lunes, 15 de junio de 2015

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/2016



A Xunta de galicia  ven de convocar as probas de acceso as  ensinanzas deportivas  tanto de grado medio como  superior . O prazo para  solicitar a  súa inscrición é  dende o  6 de xuño ata o 10 de xullo

e farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.
Comprobar na  convocatoria


lunes, 8 de junio de 2015

Axudas económicas para estudar en LUGO

"PARA  ESTUDAR LUGO"  


Segunda  edición do programa da campaña  de  axudas  económicas da Universidade de  Santiago, para  estudar os  Graos  que se indican,   todos eles no Campus de Lugo. 



As dúas axudas que convoca son:
  • 50% de desconto na matrícula para o curso 2015- 2016 nalgúns graos.
  • Matrícula gratuíta para os mellores expedientes preuniversitarios. 


50% DE DESCONTO NA MATRICULA PARA O CURSO 2015-16:

O programa 'Para estudar Lugo' contempla este ano o desconto do 50% do custe da matrícula para estudantes que no curso 2015-16 comecen os seus estudos no campus de Lugo da USC nalgún dos seguintes títulos de grao:

Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Grao en Enxeñaría Civil
Grao en Xeomática e Topografía
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Grao en Lingua e Literaturas Españolas
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Xestión e Dirección de Pemes
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

O número de bolsas financiadas será o mesmo que o das prazas de novo ingreso cubertas en cada título. 
concesión das axudas é automática sempre que os solicitantes sinalen no web da USC no que formalizan a matrícula que se acollen a este programa de bolsas da Deputación. 
Aqueles estudantes que soliciten tamén bolsa do Ministerio, que cubra os custes de matrícula, non pagarán taxa algunha ata que se resolva a súa concesión ou non. En caso de non ter a bolsa do Ministerio si gozarían da bonificación do 50% por parte da Deputación Provincial de Lugo.

MATRÍCULA DE BALDE PARA OS MELLORES EXPEDIENTES PREUNIVERSITARIOS:

O plan de captación de novos talentos para o campus de Lugo activado pola Deputación en colaboración coa Universidade, contempla a matrícula de balde para os seis mellores expedientes preuniversitarios procedentes de Galicia que se matriculen no curso 2015-16 no primeiro curso de calquera dos 15 títulos de grao ofertados pola USC no campus de Lugo (As bolsas outorgadas a matrículas nos dobres títulos de grao en Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía e Enxeñaría Agronómica, Forestal e do Medio Natural xa se deducen das titulacións matrices). 

Catro destas bolsas de matrícula están dirixidas a estudantes procedentes de Bacharelato e dúas para novos alumnos que acceden a estudos universitarios logo de completar ciclos formativos ou programas de FP.

Poderán optar a este bolsa alumnos que cursasen e superasen en centros docentes na comunidade galega os dous cursos que conforman calquera das modalidades de Bacharelato e Formación Profesional, e que rematen os seus estudos de Bacharelato ou FP no curso académico 2013-2014 ou 2014-2015 (convocatoria de xuño). 

Para participar nesta convocatoria de axudas é necesario que a nota media das cualificacións obtidas en Formación Profesional ou nos dous cursos de calquera das modalidades de Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75 puntos.

prazo de presentación de solicitudes para a presente convocatoria rematará o 30 de xullo de 2015
Os modelos de solicitude e as bases das citadas convocatorias poden consultarse no BOP da Deputación de Lugo do sábado, día 30 de maio de 2015
documentación pode presentarse persoalmente, no rexistro da Deputación Provincial de Lugo, ou ben, mediante envío por mensaxeiro ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado. No caso de envío por correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4 da LRXPAC.

Máis información: 

lunes, 11 de mayo de 2015

"Workinside" Plataforma visual de orientación





Hai decisións  que nos  marcan o  camiño para  estudiar unha cousa en vez doutra, ás  veces  aínda  tendo  claro  o que queremos estudiar, chega o momento e  xurden  as  dúbidas. Isto foi  o que motivou  a  tres mozos: Anabel Jiménez, graduada  en xornalismo, Álvaro Checa e Pedro Fernández , licenciados  en Dereito  e Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Sevilla, a crear  a plataforma "Workinside" 
Workinside é unha plataforma de vídeo (200 a día de hoxe que van  aumentado  ) –sen coste- que asesora no ámbito académico e laboral, mediante o uso de entrevistas audiovisuais de curta duración que  facilitan  o punto de vista de estudantes universitarios de último curso, opositores e profesionais que están exercendo. Entre os  entrevistados  están profesionais líderes  e recoñecidos, que  en pouco máis de dous minutos explican a súa profesión,  habilidades  que  require, puntos fortes e débiles ...

A ferramenta vai dirixida ao alumnado de Bacharelato que quere cursar estudos universitarios e ao estudante universitario que precisa ter máis información das súas posibles saídas académicas e laborais. Unha das finalidades principais da plataforma é a de servir de axuda na toma de decisións para evitar as altas porcentaxes de abandono universitario (actualmente 1 de cada 4 estudantes universitarios abandona ou cambia de grao no primeiro curso.


Podes  ver tódolos  grados universitarios que existen, contados polos propios estudantes, e as saídas profesionais, contadas polos propios profesionais”, explica Pedro Fernández, un dos creadores do proxecto, polo cal acaban de gañar o décimo concurso de ideas de negocio da Universidade de Sevilla, na categoría de ciencias sociais e xurídicas.



martes, 28 de abril de 2015

Probas para o acceso as ensinazas artísticas sen a titulación do bacharelato.


Convocadas as probas para o acceso as ensinanzas artísticas para aqueles que non están en posesión da titulación do bacharelato e cumpren 19 anos no 2015. Prazo de inscripción ata o 28 de maio.

lunes, 16 de junio de 2014

Formación Profesional curso 2014/2015.

Oferta formativa de FP para o curso 2014-2015 en centros sostidos con fondos públicos

Nas seguintes ligazón podes atopar a información por:
http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-formativa-fp-para-curso-2014-2015

  •  Réxime ordinario na modalidade presencial. Clasificada por provincia e concello.
  •  Persoas adultas na modalidade presencial.
  • Persoas adultas a distancia.

miércoles, 28 de mayo de 2014

Formación profesional Básica

Presentación sobre a implantación da FP Básica, realizada por Jesús Manuel Rodríguez Buján na xornada de formación para orientadores, celebrada en Santiago de Compostela o 21 de maio de 2014.

miércoles, 7 de mayo de 2014

Probas de aptitudes físicas para o acceso ao Grado de ciencias da actividade física e do deporte. Universidade de Vigo curso 2014/2015

Aberto o  prazo para  a inscrición as  probas  de aptitude para o acceso ao Grao  en Ciencias  da Actividade Física e do Deporte  na  Universidade  de  Vigo  para o curso  2014/ 2015. Convocatoria  de  Xuño  e de  Setembro . 

 Prazo  aberto para  Xuño: ata o  15 de  Maio.   

 Realización da  proba  en Xuño  día  17. Video  sobre as  probas  que  se  atopa na  páxina  web da facultade. 


   Descargar  solicitude:  http://webs.uvigo.es/feduc/




miércoles, 23 de abril de 2014

CÓMO EVITAR DISTRACCIONES EN EL ESTUDIO.

Desde la página de METAaprendizaje nos ofrecen una serie de videos que nos pueden ayudar a mejorar nuestra concentración al estudio. El primero de estos vídeos es sobre los causantes de las distracciones en el estudio. 2ºvídeo: cuatro pasos para mejorar la concentración de manera activa. 3º Vídeo y tercer paso para seguir mejorando:seis clavesfáciles para buscar sin distracciones en internet.

lunes, 7 de abril de 2014

probas libres de acceso a ciclos medios

Presentación realizada por Mónica Diz, orientadora do IES Terra de Soneira. Moitas grazas Mónica, pola túa axuda.

lunes, 31 de marzo de 2014

Os titulos de fp que triunfaron no 2013.

 FONTE : http://edulcoro.blogspot.com.es/2014/01/los-titulos-de-fp-que-triunfaron-en-2013.html

A afirmación sobre os  títulos de FP que triunfaron no  2013  é  resultante do ánalise de  datos  ( decembro 2013) aportados polo  "Observatorio de las  Ocupaciones del SEPE", agrupando aqueles  títulos de FP que gozan de maior número de contratacións rexistradas no  SEPE (tratase  de contratos de calquera tipo de traballo a persoas  que se atopan  en posesión do título  e así o manifestaron  na  súa tarxeta de demandante de emprego).
Os  datos están dispoñibles no seguinte enlace para quen   desexe  contrastar e sacar as  súas propias  conclusións .
Servicio público estatal de empleo

O  récord é para o Título de Grado Medio de Xestión Administrativa con 155.649 contratos en 2013 (27,57 % más que en 2012), seguido de Cuidados Auxiliares de Enfermería con 115.761 contratos en 2013 (20,19 % más que en 2012).

Os Títulos con máis contratos son:


- Técnico en Cocina: 13.744 contratos (+20,80%).
- Técnico en Instalaciones Eléctricas y Automáticas: 46.153 contratos (+36,31%).
- Técnico en Equipos Electrónicos de Consumo: 22.859 contratos (+39,29%).
- Técnico en Gestión Administrativa: 155.649 contratos (ya dicho).
- Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería: 115.761 contratos (ya dicho).
- Técnico en Electromecánica de Vehículos Automóviles: 26.455 contratos (+33,93%).
- Técnico en Mecanizado: 14.436 contratos (+42,24%).
- ¡NOVEDAD! Técnico en Actividades Comerciales: 14.147 contratos (+38,35%).
- Técnico en Peluquería: 23.691 contratos (+26,59%).
- Técnico en Jardín de Infancia: 14.721 contratos (+11,48%).

      No  referente ao Grado Superior.
O récord  é para o  Título de Grado Superior de Administración y Finanzas con 98.913 contratos en 2013 (33,47 % más que en 2012), seguido do  Técnico Superior de Educación Infantil con 30.001 contratos en 2013 (31,66 % más que en 2012). Ambos repiten como opcións máis fiables no relativo ao  número de contratos.
Os Títulos con máis contratos son: (incremento de contratacións respecto a 2012)- Técnico Superior en Administración y Finanzas: 98.913 contratos (ya dicho).- Técnico Superior en Mantenimiento Electrónico: 13.334 contratos (+24,55%).


- Técnico Superior en Sistemas Electrónicos y Automatizados: 16.315 contratos (+46,41%).
- Técnico Superior en Laboratorio y Diagnóstico Clínico: 15.294 contratos (+21,61%).
- Técnico Superior en Automoción: 11.748 contratos (+32,61%).
- Técnico Superior en Educación Infantil: 30.001 contratos (ya dicho).
- Técnico Superior en Integración Social: 13.388 contratos (+49,24%).
- ¡NOVEDAD!Técnico Sup. en Proyectos de Edificación: 12.451 contratos (+38,34).
- Técnico Sup. en Admin. de Sistemas Informáticos en Red: 12.857 contratos (35,57%).
- Técnico Sup. en Desarrollo de Aplicaciones Multiplataforma: 16.123 contratos (+24,04%).

Se estades  interesados en   investigar máis sobre a situación do emprego, votade un vistazo ao blog:http://orientados
















lunes, 10 de marzo de 2014

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2014.





Xúntase a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:


  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 31 de marzo e 11 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 10 e 21 de marzo de 2014, ambos os dous incluídos





domingo, 23 de febrero de 2014

Si buscas empleo, haz una carrera de toda la vida. El país 14/02/2014


Artículo del  diario "El País"  del 14 de  Febrero  de  2014 


 La mayoría de los expertos aconseja a los alumnos que decidan qué estudiar guiándose por su vocación. Pero la dura realidad económica influye cada vez más a la hora de elegir.
Si lo que prima es tener más opciones de empleo, los expertos sostienen que la mejor decisión sigue siendo estudiar una carrera generalista y enriquecerla con alguna experiencia internacional (por ejemplo, con el programa Erasmus) y con uno o dos idiomas. Esta sería la combinación perfecta, según los informes sobre las carreras con más empleabilidad. En cuanto a qué carreras ofrecen más posibilidades de empleo, dos son líderes indiscutibles: Administración de Empresas (ADE) e Ingeniería Industrial.
 para  mais información , pincha  en el enlace

domingo, 26 de enero de 2014

Acreditación de Competencias . Prazo do 23 de Xaneiro ao 21 de Febreiro

acreditación de competencias:ORDE do 14 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


Enlace  para  solicitude:  https://www.edu.xunta.es/acreditacion/

viernes, 18 de octubre de 2013


DE PROFESIÓN era unha sección dun programa da televisión pública de Andalucía (Canal Sur) dedicado  a educación en  xeral.

No  enlace podes consultar unha serie de  Vídeos sobre as distintas profesións , onde se sinalan as tarefas e funcións máis importantes do seu traballo.

Na páxina  do servizo andaluz  de  emprego tamén   podes  visionar  outras imaxes  sobre as ocupacións  que se poden  desenvolver  en  determinados sectores: servicioandaluzdeempleo


domingo, 16 de junio de 2013

Oferta Formación profesional. Curso 2013-2014














Oferta de ciclos medios e superiores en centros públicos:Publicado  a  relación de  ciclos  medios  e superiores para  o vindeiro  curso  en centros  públicos  en  Galicia.

A relación de  centros privados  e concertados saíra  publicada  máis  tarde.