Mostrando entradas con la etiqueta educación en valores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación en valores. Mostrar todas las entradas
viernes, 30 de noviembre de 2018
dia mundial do SIDA
No día mundial do SIDA non debemos esquecer que hai unha parte da poboación que por razóns políticas, culturais, económicas etc. é mais vulnerable a contraer esta enfermidade como por exemplo nenas que son obrigadas a prostituírse, prexuízos sociais relacionadas coa sexualidade, dificultan a información necesaria para protexerse do virus; xoves expostos o virus por drogas ( compartir agullas non esterilizadas) ou simplemente porque son pobres, están desamparados, e convértenos en obxectivo fácil para a explotación e os malos tratos
vídeo d e Unicef para reflexionar sobre o tema e outros dereitos da infancia
lunes, 18 de enero de 2016
Que facer coa miña vida?
Vídeo onde podemos comprobar como vai evolucionando o noso obxetivo na vida dende que somos pequenos onde case temos claro que nos gustaría ser de adultos, pasando pola adolescencia ou xuventude que xurde a incerteza cara a onde tirar, e como nin sequera os adultos temos moi claro cal é o noso propósito na vida .
Este vídeo acércanos a realidade de todos nos que nalgún momento tivemos que decidir que facer coas nosas vidas e sobre todo na etapa de elixir estudios.
Este vídeo acércanos a realidade de todos nos que nalgún momento tivemos que decidir que facer coas nosas vidas e sobre todo na etapa de elixir estudios.
El poder de la Juventud.
Este é o lema dunha campaña entre Unicef e ING para fomentar que moitos mozos e mozas do mundo grazas a diversas aportacións poidan formarse, facilitando ferramentas necesarias para mellorar o seu futuroe ademais o das súas comunidades.
Estes proxectos desenvolven en Nepal, Zambia, Filipinas, Indonesia, Kosovo e Montenegro , adaptandose ás necesidades concretas de cada país para ofrecer aos seus mozos/as o que necesiten para desenvolver o seu potencial, formación para empredendores, habilidades sociais , asesoramento, apoio psicolóxico, orientación laboral.....
Video para a reflexión en clase sobre as actitudes, expectativas, e profecias que ás veces se transmiten dende a visión adulta e non se axustan a realidade
miércoles, 6 de mayo de 2015
Campaña publicitaria sobre a violencia de xénero.

Co motivo de reflexionar xunto co alumnado a data comenmorativa , da eliminación da violencia de xénero, publicamos de novo esta entrada da pasada primavera que se difundíu a través dos distintos medios de comunicación.
"Corta con él y vive tu vida". Este foi o tema da campaña contra os malos tratos dirixida a rapazas novas, para disitinguir unha relación saúdable fronte a que non é.
Os últimos estudios destacan que cada vez son máis as adolescentes que sofren o control das súas parellas, en xeral a xente nova identifica a violencia co maltrato físico pero non con condutas sutís como illamento, control, celos etc e que soen xustificar como mostras de cariño.
Nos últimos anos detectase un incremento no número de adolescentes que recoñecen sufrir maltrato por parte das súas parellas, mediante control a través do móbil. Isto motivou a campaña do ministerio de saúde servicios sociais e igualdade, que se emitiu en prensa, radio, televisión, internet, e cines, protagonizada polas actrices Nerea Camacho e Vecky Velilla, onde interpretan a dúas rapazas que sofren o control violento das súas parellas e desexan romper o circulo para comezar unha nova vida.
lunes, 13 de abril de 2015
Loitar por un sono.
Nesta recta final de curso onde hai que tomar decisións futuras é moi importante manter a confianza en nos mesmos para acadar aqueles retos polos que traballamos, e non deixarnos vencer polo fracaso ou decepcións.
A autoestima e confianza nas nosas posibilidades, unha actitude de traballo e esforzo, a capacidade de superación, a loita polo que desexas, a perseverancia, etc , deben estar presentes mais que nunca para superar este último tramo.
No vídeo que se presenta da boa conta, desta actitude
miércoles, 28 de enero de 2015
lunes, 24 de noviembre de 2014
Que é a violencia de xénero?
Que é a violencia de xénero?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
A discriminación polo feito de ser muller os estereotipos etc, son tamén feitos violentos que debemos rexeitar dende a Educación. Continuando co material de Unicef imos debater sobre o dereito a non discriminación por sexo ou condicións persoais coa secuencia de estes dous filmes.
A discriminación polo feito de ser muller os estereotipos etc, son tamén feitos violentos que debemos rexeitar dende a Educación. Continuando co material de Unicef imos debater sobre o dereito a non discriminación por sexo ou condicións persoais coa secuencia de estes dous filmes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)