martes, 28 de abril de 2015

Probas para o acceso as ensinazas artísticas sen a titulación do bacharelato.


Convocadas as probas para o acceso as ensinanzas artísticas para aqueles que non están en posesión da titulación do bacharelato e cumpren 19 anos no 2015. Prazo de inscripción ata o 28 de maio.

Organización do bacharelato LOMCE. ( borrador do Decreto)

Resumo do Bacharelato según o Proxecto do Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizado por Monica Diz Besada

Organización da ESO. LOMCE ( borrador do Decreto).

Resumo da ESO según o Proxecto do Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizado por Monica Diz Besada

lunes, 13 de abril de 2015

Loitar por un sono.




 Nesta  recta  final  de  curso  onde hai que  tomar decisións  futuras  é moi importante manter  a confianza en nos  mesmos  para  acadar aqueles  retos  polos  que  traballamos,  e  non deixarnos  vencer polo fracaso ou  decepcións. 

A autoestima  e confianza nas nosas  posibilidades, unha actitude de  traballo  e esforzo, a capacidade de superación, a loita polo que desexas, a perseverancia, etc , deben  estar  presentes  mais  que nunca  para   superar  este  último  tramo. 

 No  vídeo  que  se presenta  da boa  conta, desta  actitude 




martes, 10 de marzo de 2015

Exámenes de Selectividad 2015


 As datas para  a selectividade  en  GALICIA    xa están establecidas  dende  a CIUG  e  serán os  días 
 Convocatoria  de  XUÑO: 10, 11, 12.          SETEMBRO:  16, 17, 18.
 Tamén  foi publicado os Parámetros de ponderación das materias da Fase Específica da PAU para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema Universitario de Galicia .





Entre as moitas  webs que ofrecen recursos para orientar ao alumnado  en todo ao relativo a selectividade  todo o relativo a  selectividade,  presentamos  aquí o enlace da web educativa EXAMTIME.
tratase  dun completo portal, sobre as probas de Selectividade e o acceso a Universidad que inclùe  moitos consellos, ferramentas e recursos de estudio gratis para axudar aos alumnos/as  de Bachalerato.

martes, 3 de marzo de 2015

8 de Marzo día Internacional da muller.



Con  motivo da conmemoración do  “Día Internacional da Muller”,  propoño  reflexionar nas sesións de titoría sobre a  IGUALDADE ENTRE HOMES e MULLERES. Aínda que tódolos días son oportunos para reflexionar sobre as situacións de discriminación que sofren moitas mulleres, imos aproveitar  esta data, para traballar sobre a necesidade de conseguir unha igualdade efectiva entre homes e mulleres.

 Actividade  para  1º e  2º da ESO


 O curto  "UN SONO IMPOSIBLE?", patrocinado polas Nacións Unidas pode axudarnos a iniciar o debate, cóntanos unha historia cotiá que ten lugar  cada día en moitas  familias. Fíxate  o papel que desenvolve  cada membro  e saca as  túas  conclusións .





 Actividade  para  3º e  4º da ESO.









domingo, 1 de marzo de 2015

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2015.





Xúntase a Orde do 17 de febreiro de  2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:


  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.
    • realización da proba : 3 de Xuño.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
    • realización da proba: 29 de  Abril.