Publicación do IES Hermanos Machado, sobre como evitar a ansiedade ante os exames .
lunes, 8 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
3 de Decembro día internacional das persoas con Discapacidade.
Hoxe, 3 de Decembro é o día internacional das persoas con Discapacidade, e dende aquí queremos sumarnos a iniciativa creada pola ONCE e FSC Inserta , para a inserción laboral.
Para coñecer mais sobre o plan de formación e emprego podedes atópalo na páxina noterindasnunca.org.
Vídeo da campaña de difusión co lema “capaces de todo menos de rendirnos"
Para coñecer mais sobre o plan de formación e emprego podedes atópalo na páxina noterindasnunca.org.
Vídeo da campaña de difusión co lema “capaces de todo menos de rendirnos"
lunes, 24 de noviembre de 2014
Que é a violencia de xénero?
Que é a violencia de xénero?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
A discriminación polo feito de ser muller os estereotipos etc, son tamén feitos violentos que debemos rexeitar dende a Educación. Continuando co material de Unicef imos debater sobre o dereito a non discriminación por sexo ou condicións persoais coa secuencia de estes dous filmes.
A discriminación polo feito de ser muller os estereotipos etc, son tamén feitos violentos que debemos rexeitar dende a Educación. Continuando co material de Unicef imos debater sobre o dereito a non discriminación por sexo ou condicións persoais coa secuencia de estes dous filmes.
domingo, 16 de noviembre de 2014
Dereitos dos nenos
O 20 de novembro, é o día mundial dos dereitos do nenos e nenas.
Na actualidade aínda están patentes as enormes diferenzas para
garantir os dereitos máis básicos nos países pobres fronte os mais desenvoltos.
Estes meses puidemos decatarnos que o dereito a saúde co tratamento do Évola e moi diferente, tamén
como a defensa da educación para as nenas en moitos casos é obxecto de ataques , caso de Malala.
Nestes vídeos ofrecidos por Unicef anos atrás,
con secuencias de filmes podemos comprobar
que pouco ou nada se avanzou nesta loita, a campaña actual versa sobre a necesidade de vacunas infantís para evitar a mortalidade infantil en Africa, unha mostra disto é o video que se achega para traballar o dereito a sáúde.
Material
para traballar nas
titorías ao longo
deste mes co obxectivo de sensibilizar ao alumnado
sobre os dereitos básicos
dos que se
ven privados moitos menores
e propor actuacións
para a súa mellora.
DEREITO A SAÚDE:
DEREITO A UNHA FAMILIA:
domingo, 26 de octubre de 2014
Discurso de Malala ante as Nacións Unidas.
Malala Yousafzai, a rapaza tiroteada por os Talibans en 2012 por defender o Dereito das nenas á Educación, fala nas Nacións Unidas. Aos 17 anos é a galardoada máis nova co Nobel da Paz.
No seu discurso destaca:
" Un neno, un mestre, un libro e un lápis, podén cambiar o mundo. Os nosos libros e lápis, son as nosas armas máis poderosas"
viernes, 3 de octubre de 2014
Técnicas de estudio 1º ESO
. Técnicas de estudio 1º ESO. Junta de Castilla y León
Programa de titoria para 1º e 2º ESO e de técnicas de estudio da consejería de Educación de Extremadura.
miércoles, 24 de septiembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
