domingo, 16 de junio de 2013

Oferta Formación profesional. Curso 2013-2014














Oferta de ciclos medios e superiores en centros públicos:Publicado  a  relación de  ciclos  medios  e superiores para  o vindeiro  curso  en centros  públicos  en  Galicia.

A relación de  centros privados  e concertados saíra  publicada  máis  tarde.




domingo, 2 de junio de 2013

Educar en Dereitos e Deberes, como ser pais na sociedade actual




Este o título da  conferencia  que tivo lugar  na fundación Barrié de  Vigo e   A Coruña , a cargo do xuíz de menores  de Granada  Emilio Calatayud Pérez.
As súas  sentencias a favor de  medidas  educativas ou servizos a  comunidade  con menores infractores  son normalmente  destacadas  nos medios  de comunicación. Ademais é tamén un ameno  conferenciante  e  aporta unhas  reflexións  moi craras sobre a  evolución  educativa e social, como podemos  comprobar  no enlace   que se  achega.

Conferencia  en A Coruña, día  29 Maio de  2013.

http://www.youtube.com/watch?v=lSP-pe0NB24&list=UUDJ_4_bfpX7JnRmSZu_Yi1g&index=1

domingo, 12 de mayo de 2013

probas libres acceso a estudios




CONVOCADAS PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA



A consellería de Educación publica hoxe a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2013, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2013/2014. 

Prazo de inscrición para realizar a proba:  ata o  30 de maio

Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.


Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 7 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición. 

LIGAZÓNS:
convocatoria- Resolución coahttp://www.edu.xunta.es/web/node/9283
- Ensinanzas artísticas Web Consellería.

martes, 23 de abril de 2013

probas libres de FP 2013

Convocadas probas libres de  obtención  de  títulos de Fp no  2013 en  Galicia 

O martes 16 de abril publicouse a orde pola que se regulan as Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2013.
O obxectivo destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no currículo correspondente.



http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual