martes, 26 de mayo de 2015

Preparando a selectividade


SELECTIVIDADE  2015









Son moitas as  webs  que  xurdiron  nos ultimos anos para axudar maos  estudiantes  a preparar a selectividade , algúnhas  destas  son as  seguintes :

EXANTIME: ademais de probas,  exámes  ofrecen consellos, orientacións e  recursos. Portal  moi completo .

 






SELECTIVIDAD tv: con  problemas  e exercicios  resoltos (convén que  o consultes  co teu profesor/a  da materia.).




LOQUEQUIEROESTUDIAR.: APP para IOS e  ANDROID cunha  guía  para  preparar  a selectividade e  axuda para  elixir un grado.




lunes, 11 de mayo de 2015

"Workinside" Plataforma visual de orientación





Hai decisións  que nos  marcan o  camiño para  estudiar unha cousa en vez doutra, ás  veces  aínda  tendo  claro  o que queremos estudiar, chega o momento e  xurden  as  dúbidas. Isto foi  o que motivou  a  tres mozos: Anabel Jiménez, graduada  en xornalismo, Álvaro Checa e Pedro Fernández , licenciados  en Dereito  e Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Sevilla, a crear  a plataforma "Workinside" 
Workinside é unha plataforma de vídeo (200 a día de hoxe que van  aumentado  ) –sen coste- que asesora no ámbito académico e laboral, mediante o uso de entrevistas audiovisuais de curta duración que  facilitan  o punto de vista de estudantes universitarios de último curso, opositores e profesionais que están exercendo. Entre os  entrevistados  están profesionais líderes  e recoñecidos, que  en pouco máis de dous minutos explican a súa profesión,  habilidades  que  require, puntos fortes e débiles ...

A ferramenta vai dirixida ao alumnado de Bacharelato que quere cursar estudos universitarios e ao estudante universitario que precisa ter máis información das súas posibles saídas académicas e laborais. Unha das finalidades principais da plataforma é a de servir de axuda na toma de decisións para evitar as altas porcentaxes de abandono universitario (actualmente 1 de cada 4 estudantes universitarios abandona ou cambia de grao no primeiro curso.


Podes  ver tódolos  grados universitarios que existen, contados polos propios estudantes, e as saídas profesionais, contadas polos propios profesionais”, explica Pedro Fernández, un dos creadores do proxecto, polo cal acaban de gañar o décimo concurso de ideas de negocio da Universidade de Sevilla, na categoría de ciencias sociais e xurídicas.



miércoles, 6 de mayo de 2015

Campaña publicitaria sobre a violencia de xénero.


Co  motivo de   reflexionar  xunto co  alumnado  a data comenmorativa ,  da eliminación da  violencia de xénero,   publicamos de  novo esta entrada da pasada primavera  que se difundíu a través dos distintos medios  de comunicación.

"Corta con él y vive tu vida". Este foi  o tema  da campaña contra os malos tratos dirixida a rapazas novas, para  disitinguir unha relación saúdable fronte  a que non é.

Os últimos estudios destacan que cada vez son máis as adolescentes que sofren o control das súas parellas, en xeral a xente nova identifica a violencia co maltrato físico pero non con condutas sutís como illamento, control, celos etc e que soen xustificar como mostras de cariño.
Nos últimos anos detectase un incremento  no número de adolescentes que recoñecen sufrir maltrato por parte das súas parellas, mediante control a través do móbil. Isto motivou a campaña  do ministerio de saúde servicios sociais e igualdade, que se emitiu en prensa, radio, televisión, internet, e  cines,  protagonizada polas actrices Nerea Camacho e Vecky Velilla, onde interpretan a dúas rapazas que sofren o control violento das  súas parellas  e desexan romper o circulo para comezar unha nova vida.




martes, 28 de abril de 2015

Probas para o acceso as ensinazas artísticas sen a titulación do bacharelato.


Convocadas as probas para o acceso as ensinanzas artísticas para aqueles que non están en posesión da titulación do bacharelato e cumpren 19 anos no 2015. Prazo de inscripción ata o 28 de maio.

Organización do bacharelato LOMCE. ( borrador do Decreto)

Resumo do Bacharelato según o Proxecto do Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizado por Monica Diz Besada

Organización da ESO. LOMCE ( borrador do Decreto).

Resumo da ESO según o Proxecto do Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Realizado por Monica Diz Besada

lunes, 13 de abril de 2015

Loitar por un sono.




 Nesta  recta  final  de  curso  onde hai que  tomar decisións  futuras  é moi importante manter  a confianza en nos  mesmos  para  acadar aqueles  retos  polos  que  traballamos,  e  non deixarnos  vencer polo fracaso ou  decepcións. 

A autoestima  e confianza nas nosas  posibilidades, unha actitude de  traballo  e esforzo, a capacidade de superación, a loita polo que desexas, a perseverancia, etc , deben  estar  presentes  mais  que nunca  para   superar  este  último  tramo. 

 No  vídeo  que  se presenta  da boa  conta, desta  actitude