domingo, 1 de marzo de 2015

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2015.





Xúntase a Orde do 17 de febreiro de  2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:


  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 7 ao 20 de abril de 2015, ambos os dous incluídos.
    • realización da proba : 3 de Xuño.
  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
    • realización da proba: 29 de  Abril. 






martes, 27 de enero de 2015

En tierra de nadie.



 O vindeiro  venres   30 de  xaneiro  celebrase  o  día  da Paz.  Dende o departamento  de orientación   queremos  propor o  filme : “En tierra  de nadie”   nas  sesións  de titoría e  acompañase  o  seguinte  documento.  A película atopase no departamento de orientación.
















Acompañase  tamén  estas  imaxes   tomadas de "orientablog" que nos  axuda a reflexionar sobre o tema.

/
/

viernes, 9 de enero de 2015

Neurociencia para el aula

Howard Gardner, premio principe de Asturias de Ciencias Sociales em 2011 por su teoría de las inteligencias múltiples , define nueve inteligencias : lingüística, lógico-matemática, espacial, corporal-cinestésica, intrapersonal, interpersonal, existencial, naturalista y músical. Estas inteligencias se dan en cada persona con distinta intensidad y todas ellas pueden ser estimuladas. En nuestro pais Begoña Ibarrola, psicóloga, profesora, terapeuta y escritora, trabaja desde hace años en esta misma linea con niños y adolescentes en relación a las emociones y el aprendizaje. En los últimos años su actividad se ha incrementado con la impartición de cursos de formación al profesorado, y como ejemplo una muestra de la formación recibida el pasado abril en Santiago, presentación "neurociencia para el aula", bases para entender este nuevo concepto de inteligencias múltiples sobre el que ya ha escrito libros.

lunes, 8 de diciembre de 2014

miércoles, 3 de diciembre de 2014

3 de Decembro día internacional das persoas con Discapacidade.

Hoxe, 3 de Decembro é o día internacional das persoas con Discapacidade,  e  dende aquí queremos sumarnos a iniciativa creada pola ONCE e FSC Inserta , para a inserción laboral.

Para coñecer mais sobre o plan de formación e emprego podedes atópalo na páxina noterindasnunca.org.

Vídeo da campaña de difusión co lema “capaces de todo menos de rendirnos"

 

lunes, 24 de noviembre de 2014

Que é a violencia de xénero?

Que é a violencia de xénero?

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

A discriminación polo feito  de ser muller os estereotipos etc, son tamén  feitos  violentos  que  debemos  rexeitar dende  a  Educación. Continuando  co material de Unicef  imos  debater  sobre  o dereito a  non discriminación por  sexo ou condicións persoais  coa secuencia de estes  dous  filmes.