domingo, 16 de noviembre de 2014

Dereitos dos nenos



 O  20 de novembro,  é  o día mundial  dos  dereitos do nenos  e nenas. 

Na  actualidade aínda  están patentes as enormes diferenzas  para  garantir os dereitos  máis  básicos nos países pobres fronte os mais  desenvoltos.  Estes meses puidemos  decatarnos  que o dereito a  saúde co tratamento do  Évola e moi diferente,  tamén  como a  defensa da  educación para  as nenas en moitos casos é  obxecto de ataques , caso de Malala.  

Nestes vídeos ofrecidos por Unicef anos  atrás,  con secuencias de filmes   podemos comprobar   que pouco ou nada se avanzou  nesta loita, a  campaña  actual  versa sobre  a necesidade  de vacunas  infantís  para  evitar  a mortalidade infantil en Africa, unha  mostra  disto é o video que se  achega   para  traballar o dereito a  sáúde. 

Material para  traballar  nas  titorías  ao  longo  deste mes  co obxectivo de  sensibilizar ao  alumnado  sobre   os  dereitos  básicos  dos  que  se   ven privados moitos menores  e  propor  actuacións  para  a súa mellora.

DEREITO A SAÚDE: 





DEREITO A UNHA FAMILIA:










domingo, 26 de octubre de 2014

Discurso de Malala ante as Nacións Unidas.




Malala Yousafzai,   a rapaza  tiroteada por os  Talibans  en 2012 por defender  o Dereito das nenas á Educación,  fala  nas  Nacións Unidas. Aos  17 anos é a galardoada   máis nova co  Nobel da Paz. 

No seu discurso  destaca: 

 " Un neno, un mestre, un libro e un lápis, podén cambiar o  mundo. Os  nosos libros e lápis, son as nosas  armas máis poderosas"

viernes, 3 de octubre de 2014

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Red y Libertad

Como facer frente á presión do grupo

CÓMIC SOBRE CÓMO FACER FRENTE Á PRESIÓN DO GRUPO

Este cómic  resulta moi útil para traballar  cos  adolescentes a presión e influenza do grupo de iguais. Aborda diferentes situacións  conflictivas  onde o rapaz/a ten que decidir actuar con asertividade  e non  deixarse levar polo que propón a maioría.
O material ofrecido  pola CEAPA (confederación española de  asociación de padres y madres de  alumnos) propón cada mes traballar unhas pautas  para fortalecer a  asertividade e a toma  de decisións:
  1.  Xaneiro : ¡Soy un tío raro!.
  2.  Febrero:. No quiero fumar, no quiero fumar... 
  3.  Marzo: Yo paso.
  4.  Abril: Vacaciones de Semana Santa.
  5.  Maio: ¿Bajas?.
  6.  Xuño: A Edu le gusta Rocío, a Edu le gusta Rocío... 
  7.  Xullo: Operación bikini. 
  8.  Agosto: Un ambiente tenso. 
  9.  Setembro: Amigo del facebook. 
  10.  Outubro: De fiesta toda la noche.
  11.  Novembro: Si tú no pones dinero, no nos llega para... 
  12.  Decembro: ¡Viva la presión de los buenos amigos y amigas!.










martes, 16 de septiembre de 2014

El Futuro de Abu

Abu volve á escola cun gran reto: ¡quere ser “presidente do goberno dos nenos e nenas do seu centro educativo”!; unha “volta ao cole” chea de plans de futuro. Bonito vídeo para expor ante o alumnado e valorar a importancia que estos nenos conceden a educación. Unha actividade para as nosas titorías e a importancia do papel dos delegados.

 Curso 2014/ 2015. 

 Un  novo curso escolar é un desafio, unha inqueitude, e unha  oprtunidade  para  toda  a comunidade  educativa de  construír, renovar, aprender,  e  de crecer  como persoas.