"PARA ESTUDAR LUGO"
Segunda edición do programa da campaña
de axudas económicas da Universidade de Santiago, para
estudar os Graos que se indican, todos eles no Campus
de Lugo.
As dúas axudas que convoca son:
- 50%
de desconto na matrícula para o curso 2015- 2016 nalgúns graos.
- Matrícula
gratuíta para os mellores expedientes preuniversitarios.
50% DE DESCONTO NA MATRICULA PARA O CURSO 2015-16:
■O programa 'Para estudar Lugo' contempla
este ano o desconto do 50% do custe da matrícula para estudantes que no curso
2015-16 comecen os seus estudos no campus de Lugo da USC nalgún dos seguintes
títulos de grao:
►Grao en Enxeñaría de Procesos
Químicos Industriais
►Grao en Enxeñaría Civil
►Grao en Xeomática e Topografía
►Grao en Enxeñaría Agrícola e
Agroalimentaria
►Grao en Enxeñaría Forestal e do
Medio Natural
►Grao en Lingua e Literaturas Españolas
►Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
►Grao en Administración e Dirección
de Empresas
►Grao en Xestión e Dirección de Pemes
►Grao en Relacións Laborais e
Recursos Humanos
■O número de bolsas financiadas será o mesmo que o
das prazas de novo ingreso cubertas en cada título.
■A concesión das axudas é automática sempre que os solicitantes sinalen
no web da USC no que formalizan a matrícula que se acollen a este programa de
bolsas da Deputación.
■Aqueles estudantes que soliciten tamén bolsa do
Ministerio, que cubra os custes de matrícula, non pagarán taxa algunha
ata que se resolva a súa concesión ou non. En caso de non ter a bolsa do
Ministerio si gozarían da bonificación do 50% por
parte da Deputación Provincial de Lugo.
MATRÍCULA DE BALDE PARA OS MELLORES
EXPEDIENTES PREUNIVERSITARIOS:
■O plan de captación de novos
talentos para o campus de Lugo activado pola Deputación en colaboración coa
Universidade, contempla a matrícula de balde para os seis
mellores expedientes preuniversitarios procedentes de Galicia que se matriculen
no curso 2015-16 no primeiro curso de calquera dos 15 títulos de grao ofertados
pola USC no campus de Lugo (As bolsas outorgadas a matrículas nos
dobres títulos de grao en Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía e Enxeñaría
Agronómica, Forestal e do Medio Natural xa se deducen das titulacións
matrices).
■Catro destas bolsas de matrícula están dirixidas a
estudantes procedentes de Bacharelato e dúas para novos alumnos que acceden a
estudos universitarios logo de completar ciclos formativos ou programas de FP.
■Poderán optar a este bolsa alumnos que cursasen
e superasen en centros docentes na comunidade galega os dous cursos que
conforman calquera das modalidades de Bacharelato e Formación Profesional, e
que rematen os seus estudos de Bacharelato ou FP no curso académico 2013-2014
ou 2014-2015 (convocatoria de xuño).
■Para participar nesta convocatoria
de axudas é necesario que a nota media das cualificacións
obtidas en Formación Profesional ou nos dous cursos de calquera das modalidades
de Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75 puntos.
■O prazo de presentación de solicitudes para a presente
convocatoria rematará o 30 de xullo de 2015.
■Os modelos de solicitude e as bases das citadas convocatorias
poden consultarse no BOP da Deputación de Lugo do sábado, día 30 de maio de
2015
■A documentación pode presentarse persoalmente, no rexistro da Deputación
Provincial de Lugo, ou ben, mediante envío por mensaxeiro ou en calquera das
dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado. No caso de envío por
correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4 da LRXPAC.
Máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario