Absentismo
A Consellería de Educación , presentou o pasado dia 31 de xaneiro un protocolo de actuación para o absentismo escolar aplicable á Educación obrigatoria.
O citado documento orienta sobre diferentes medidas de prevención que deben poñer en marcha os centros en relación coa promoción da asistencia a clase do alumnado e co seu éxito escolar así como sobre as actuacións que deben contemplar nos seus instrumentos de planificación e organización.
Coa posta a disposición do Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia a Consellería de Cultura e Educación segue a desenvolver o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, de atención á diversidade, e pon en valor a educación como unha ferramenta imprescindible na procura dunha sociedade máis xusta, máis cualificada e máis comprometida.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario