http://www.youtube.com/watch?v=L1auIF9CZx4
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DA FASE ESPECÍFICA DAS PAU 2013 NO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO
Publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de abril de 2013 os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais do Sistema Universitario de Galicia no curso 2013 / 2014.
PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO.
Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2012-2013.REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2012-2013 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos.
PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de xuño de 2013.
REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO:
O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:
1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:
1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.
2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
2.1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II, literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química, técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.
2.2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, desenvolverán temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e da danza.
NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS:
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.

4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2013-2014.

para mais información: http://www.edu.xunta.es/web/node/9222.
http://www.youtube.com/watch?v=L1auIF9CZx4
http://www.youtube.com/watch?v=L1auIF9CZx4
No hay comentarios:
Publicar un comentario