lunes, 15 de junio de 2015

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2015/2016



A Xunta de galicia  ven de convocar as probas de acceso as  ensinanzas deportivas  tanto de grado medio como  superior . O prazo para  solicitar a  súa inscrición é  dende o  6 de xuño ata o 10 de xullo

e farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.
Comprobar na  convocatoria


lunes, 8 de junio de 2015

Axudas económicas para estudar en LUGO

"PARA  ESTUDAR LUGO"  


Segunda  edición do programa da campaña  de  axudas  económicas da Universidade de  Santiago, para  estudar os  Graos  que se indican,   todos eles no Campus de Lugo. 



As dúas axudas que convoca son:
  • 50% de desconto na matrícula para o curso 2015- 2016 nalgúns graos.
  • Matrícula gratuíta para os mellores expedientes preuniversitarios. 


50% DE DESCONTO NA MATRICULA PARA O CURSO 2015-16:

O programa 'Para estudar Lugo' contempla este ano o desconto do 50% do custe da matrícula para estudantes que no curso 2015-16 comecen os seus estudos no campus de Lugo da USC nalgún dos seguintes títulos de grao:

Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Grao en Enxeñaría Civil
Grao en Xeomática e Topografía
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Grao en Lingua e Literaturas Españolas
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Grao en Xestión e Dirección de Pemes
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

O número de bolsas financiadas será o mesmo que o das prazas de novo ingreso cubertas en cada título. 
concesión das axudas é automática sempre que os solicitantes sinalen no web da USC no que formalizan a matrícula que se acollen a este programa de bolsas da Deputación. 
Aqueles estudantes que soliciten tamén bolsa do Ministerio, que cubra os custes de matrícula, non pagarán taxa algunha ata que se resolva a súa concesión ou non. En caso de non ter a bolsa do Ministerio si gozarían da bonificación do 50% por parte da Deputación Provincial de Lugo.

MATRÍCULA DE BALDE PARA OS MELLORES EXPEDIENTES PREUNIVERSITARIOS:

O plan de captación de novos talentos para o campus de Lugo activado pola Deputación en colaboración coa Universidade, contempla a matrícula de balde para os seis mellores expedientes preuniversitarios procedentes de Galicia que se matriculen no curso 2015-16 no primeiro curso de calquera dos 15 títulos de grao ofertados pola USC no campus de Lugo (As bolsas outorgadas a matrículas nos dobres títulos de grao en Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía e Enxeñaría Agronómica, Forestal e do Medio Natural xa se deducen das titulacións matrices). 

Catro destas bolsas de matrícula están dirixidas a estudantes procedentes de Bacharelato e dúas para novos alumnos que acceden a estudos universitarios logo de completar ciclos formativos ou programas de FP.

Poderán optar a este bolsa alumnos que cursasen e superasen en centros docentes na comunidade galega os dous cursos que conforman calquera das modalidades de Bacharelato e Formación Profesional, e que rematen os seus estudos de Bacharelato ou FP no curso académico 2013-2014 ou 2014-2015 (convocatoria de xuño). 

Para participar nesta convocatoria de axudas é necesario que a nota media das cualificacións obtidas en Formación Profesional ou nos dous cursos de calquera das modalidades de Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75 puntos.

prazo de presentación de solicitudes para a presente convocatoria rematará o 30 de xullo de 2015
Os modelos de solicitude e as bases das citadas convocatorias poden consultarse no BOP da Deputación de Lugo do sábado, día 30 de maio de 2015
documentación pode presentarse persoalmente, no rexistro da Deputación Provincial de Lugo, ou ben, mediante envío por mensaxeiro ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado. No caso de envío por correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4 da LRXPAC.

Máis información: