miércoles, 6 de mayo de 2015

Campaña publicitaria sobre a violencia de xénero.


Co  motivo de   reflexionar  xunto co  alumnado  a data comenmorativa ,  da eliminación da  violencia de xénero,   publicamos de  novo esta entrada da pasada primavera  que se difundíu a través dos distintos medios  de comunicación.

"Corta con él y vive tu vida". Este foi  o tema  da campaña contra os malos tratos dirixida a rapazas novas, para  disitinguir unha relación saúdable fronte  a que non é.

Os últimos estudios destacan que cada vez son máis as adolescentes que sofren o control das súas parellas, en xeral a xente nova identifica a violencia co maltrato físico pero non con condutas sutís como illamento, control, celos etc e que soen xustificar como mostras de cariño.
Nos últimos anos detectase un incremento  no número de adolescentes que recoñecen sufrir maltrato por parte das súas parellas, mediante control a través do móbil. Isto motivou a campaña  do ministerio de saúde servicios sociais e igualdade, que se emitiu en prensa, radio, televisión, internet, e  cines,  protagonizada polas actrices Nerea Camacho e Vecky Velilla, onde interpretan a dúas rapazas que sofren o control violento das  súas parellas  e desexan romper o circulo para comezar unha nova vida.




No hay comentarios:

Publicar un comentario