Hai decisións que nos marcan o camiño para estudiar unha cousa en vez doutra, ás veces aínda tendo claro o que queremos estudiar, chega o momento e xurden as dúbidas. Isto foi o que motivou a tres mozos: Anabel Jiménez, graduada en xornalismo, Álvaro Checa e Pedro Fernández , licenciados en Dereito e Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Sevilla, a crear a plataforma "Workinside"
Workinside é unha plataforma de vídeo (200 a día de hoxe que van aumentado ) –sen coste- que asesora no ámbito académico e laboral, mediante o uso de entrevistas audiovisuais de curta duración que facilitan o punto de vista de estudantes universitarios de último curso, opositores e profesionais que están exercendo. Entre os entrevistados están profesionais líderes e recoñecidos, que en pouco máis de dous minutos explican a súa profesión, habilidades que require, puntos fortes e débiles ...

A ferramenta vai dirixida ao alumnado de Bacharelato que quere cursar estudos universitarios e ao estudante universitario que precisa ter máis información das súas posibles saídas académicas e laborais. Unha das finalidades principais da plataforma é a de servir de axuda na toma de decisións para evitar as altas porcentaxes de abandono universitario (actualmente 1 de cada 4 estudantes universitarios abandona ou cambia de grao no primeiro curso.
Podes ver tódolos grados universitarios que existen, contados polos propios estudantes, e as saídas profesionais, contadas polos propios profesionais”, explica Pedro Fernández, un dos creadores do proxecto, polo cal acaban de gañar o décimo concurso de ideas de negocio da Universidade de Sevilla, na categoría de ciencias sociais e xurídicas.