Con motivo da conmemoración do “Día
Internacional da Muller”, propoño
reflexionar nas sesións de titoría sobre a IGUALDADE
ENTRE HOMES e MULLERES. Aínda que tódolos días
son oportunos para reflexionar sobre as situacións de discriminación que sofren
moitas mulleres, imos aproveitar esta data, para traballar sobre a
necesidade de conseguir unha igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Actividade para 1º e 2º da ESO
O curto "UN SONO IMPOSIBLE?", patrocinado polas Nacións Unidas pode axudarnos a
iniciar o debate, cóntanos unha historia cotiá que ten lugar cada día en moitas familias. Fíxate o papel que desenvolve cada membro
e saca as túas conclusións .
No hay comentarios:
Publicar un comentario