lunes, 24 de noviembre de 2014

Que é a violencia de xénero?

Que é a violencia de xénero?

Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

A discriminación polo feito  de ser muller os estereotipos etc, son tamén  feitos  violentos  que  debemos  rexeitar dende  a  Educación. Continuando  co material de Unicef  imos  debater  sobre  o dereito a  non discriminación por  sexo ou condicións persoais  coa secuencia de estes  dous  filmes.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario