Que é a violencia de xénero?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).
A discriminación polo feito de ser muller os estereotipos etc, son tamén feitos violentos que debemos rexeitar dende a Educación. Continuando co material de Unicef imos debater sobre o dereito a non discriminación por sexo ou condicións persoais coa secuencia de estes dous filmes.