NEUROEDUCACIÓN POR OUTRA ESCOLA .
Distintos profesionais comprometidos coa educación destacan cal é a clave para a aprendizaxe ao mesmo tempo que nos incitan a reflexión sobre o que estamos a facer.
Se botamos unha ollada ao vídeo descubrimos cales son as funcións mentais que interveñen na aprendizaxe, cales son as funcións executivas e en que grao afectan ás emocións e á motivación .
Dende aquí xorde a idea da campaña que promocionan para unha nova lei mais respectuosa cos dereitos dos menores.