lunes, 18 de enero de 2016

Que facer coa miña vida?

 Vídeo onde podemos comprobar como vai evolucionando o noso obxetivo na vida dende que somos pequenos onde  case temos claro que nos gustaría ser de adultos,  pasando pola  adolescencia ou xuventude que  xurde a incerteza cara a onde tirar, e como nin sequera os adultos temos moi claro cal é o noso propósito na vida .
 Este vídeo acércanos a realidade de todos nos que nalgún momento tivemos que decidir que facer coas nosas vidas e sobre todo na etapa de elixir estudios. 

El poder de la Juventud.

 Este é o lema dunha campaña  entre Unicef e  ING para fomentar  que moitos mozos e mozas  do mundo grazas a diversas aportacións  poidan  formarse, facilitando  ferramentas necesarias  para mellorar o seu  futuroe ademais o das súas  comunidades.
Estes proxectos  desenvolven en Nepal, Zambia, Filipinas,  Indonesia, Kosovo  e Montenegro , adaptandose ás necesidades  concretas de cada país para ofrecer aos seus mozos/as  o que necesiten para desenvolver o seu potencial, formación para empredendores, habilidades  sociais , asesoramento, apoio psicolóxico, orientación laboral..... 

lo que de verdad pensamos sobre adolescentes

Video  para  a reflexión  en clase  sobre  as  actitudes, expectativas,  e profecias  que  ás  veces   se transmiten  dende a  visión adulta   e non  se axustan  a   realidade

viernes, 15 de enero de 2016


  • A Consellería de Educación publicou a orde do 23 de decembro de 2015, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. 
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.

MAIS INFORMACIÓN  NOS  SEGUINTES  ENLACES.