lunes, 23 de noviembre de 2015

Departamento de orientación. Curso 2015/2016 .


“Corta con el e vive a túa vida".
Este foi o lema dunha campaña contra os malos tratos de fai uns meses e dirixida a rapazas novas para distinguir unha relación saudable fronte a que non é.
Nos últimos anos detectase un incremento no número de adolescentes que recoñecen sufrir maltrato por parte das súas parellas, mediante control a través do móbil. Isto motivou esta campaña dende o ministerio de sanidade servicios sociais e igualdade, que se emitiu en prensa, radio, televisión, internet, e cines, protagonizada polas actrices Nerea Camacho e Vecky Velilla, onde interpretan a dúas rapazas que sofren o control violento das súas parellas e desexan romper o circulo para comezar unha nova vida.
Os últimos estudios destacan que cada vez son máis as adolescentes que sofren o control das súas parellas, en xeral a xente nova identifica a violencia co maltrato físico pero non con condutas sutís como illamento, control, celos etc e que soen xustificar como mostras de cariño.
Este é o enlace onde podedes ollar esta mensaxe para debatir despois co alumnado con motivo do día non a violencia sexista.





          A Guarda a  23 de novembro de 2015.